Pues eso, un poquito de folk, un tema que nunca deja a nadie indiferente: la catástrofe del Prestige. Por cierto, es en gallego, así que aquí tenéis la letra.
MEMORIA DA NOITE
Madrugada, o porto despertou, amor
a lúa abanea sobre as ondas
piso espellos antes de que saia o sol
na noite gardei a túa memoria
perderei, perderei a vida
cando rompa a luz nos cons
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre a mar
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre a mar
Veo o loito antes de vir o rumor
levouno a marea baixo a sombra
barcos negros sulcan a mañá sen voz
as redes baleiras sen gaivotas
E dirán, contarán mentiras
para ofrecerllas ao patrón
quererán pechar cunhas moedas, quizáis
os teus ollos abertos sobre a mar
quererán pechar cunhas moedas, quizáis
os teus ollos abertos sobre a mar
Madrugada, o porto despertou, amor
o reloxo do bar quedou barado
na costeira, muda da desolación
non imos esquecer, nin perdoalo
Perderei, perderei a vida
cando rompa a luz nos cons
porque nos arrancamos todo orgullo do mar
non nos afundiremos nunca máis
e na túa memoria xa non hai volta atrás
non nos humillaredes nunca máis
http://www.goear.com/listen.php?v=ba8095f